981 210 480
7 días
precio final 753
Solicitar reserva o más información Descargar PDF

Bañadas polo océano Atlántico, as localidades mariñeiras de Huelva
forman a costa de La Luz. O litoral limita co Parque Nacional de
Doñana, declarado Reserva da Biosfera e Patrimonio da Humanidade
pola UNESCO.
O Algarve combina as pequenas poboacións costeiras portuguesas
cun importante patrimonio histórico e unha contorna natural
privilexiada. Mires onde mires, as cores da serra e do mar están sempre
presentes, nunha acuarela na que destacan puntos dourados, verdes
e azuis. A rexión é extensa e apracible, con clima mediterráneo,
marcada polos olores do mar e das flores silvestres

Itinerario

DEL  17 AL 23 DE OCTUBRE 2021

 

17 OCTUBRE- Galicia / Évora
Saída á hora indicada con dirección á costa de Huelva desde diferentes puntos de Galicia (Betanzos-A Coruña-Pontedeume-Ferrol-Santiago-Viveiro-Pontevedra-Ourense-Monforte-Lugo-Vigo). Xantar en restaurante concertado. Chegada a Évora e visita, con guía local, da cidade, unha das mellor conservadas e máis agradables
de Portugal. Évora é un verdadeiro museo ao aire libre, o que levou á UNESCO a protexela como Patrimonio da Humanidade. Os romanos déronlle o seu monumento máis famoso, o templo de  Diana -do século II-, un dos mellor conservados da Península Ibérica. As casas encaladas, arcos e rúas estreitas que caracterizan a cidade reflicten a presenza mourisca. Coñeceremos tamén a igrexa renacentista de San Antonio, o convento Loios, coa súa fermosa igrexa gótica (s. V), as torres da Sé, catedral (s. XII), onde se encontra o órgano máis antigo de Europa, a Universidade Xesuíta, a ermida de San Blas e un curioso edificio que se asemella a un castelo (s. XV), construído en agradecemento por salvar a cidade da peste (s. XV). Évora conta tamén cun acueduto medieval... Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

18 OCTUBRE-- Évora / Albufeira / Faro / Tavira
Almorzo. Pola mañá, coñeceremos o Algarve portugués. Saída cara a Albufeira, un dos lugares máis visitados do Algarve polas súas magníficas praias. Pasearemos polo seu centro histórico, composto por estreitas rúas en pedra. A continuación, visitaremos a capital: Faro. Nela destacan a antiga muralla, a catedral, o palacio episcopal e o concello. Xantar en restaurante concertado. Pola tarde, dirixirémonos a Tavira, coñecida como a “cidade das igrexas”, pois ten preto de corenta,
e posúe un centro antigo que se reparte a ambos os lados do río Gilão, os cales se unen pola súa ponte romana. Na súa marxe esquerda achamos a maior concentración de monumentos e igrexas, así como restos da antiga muralla árabe, o castelo de Tavira e a igrexa de Santiago.
Chegada ao noso hotel. Cea e aloxamento no hotel.


19 OCTUBRE- Huelva / Ayamonte / Vila Real Santo Antonio
Almorzo. Pola mañá, saída a Huelva con guía local, na “Tierra llana”, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel. Do seu patrimonio relixioso cabe salientar a igrexa de San Pedro, de estilo mudéxar sevillano ; a catedral da Merced, xunto á sede da Universidade; a ermida da Soledad ou o santuario da Cinta. Regreso ao hotel para o xantar. Pola tarde, visita a Ayamonte, que garda unha perfecta simbiose coa arquitectura andaluza de influencias portuguesas. Cruzaremos en transbordador a Vila Real de Santo Antonio para pasear polas súas rúas empedradas. Planeada polo marqués de Pombal, nela destacamos a súa calzada pombalina, a igrexa de Nuestra Señora de la Ascensión e a fortaleza da Cancela. Regreso ao hotel, cea e aloxamento. 

20 OCTUBRE-- Huelva mineira / Riotinto / Aracena
Almorzo. Pola mañá, saída ás Minas de Riotinto cuxa historia se remonta aos romanos. Visitaremos o Museo Minero, instalado no antigo hospital da Compañía de Riotinto. De arquitectura inglesa, trátase do primeiro museo de España dedicado á historia da minería e a metalurxia. O recinto propón un percorrido pola comarca a través das diferentes etapas da explotación mineira. Conta con innumerables pezas relacionadas con esta actividade ao longo de todos os tempos, así como obxectos de arqueoloxía industrial tan emblemáticos como o “vagón do Maharajá”, o vagón de vía estreita máis luxoso do mundo, construído expresamente para unha viaxe, nunca realizada, da raíña Vitoria á India. A continuación, realizaremos -nun ferrocarril formado por vagóns de
madeira, reconstruídos a partir dos planos do século XIX, e con locomotoras que son xoias do patrimonio ferroviario mundial- unha excursión na que atravesaremos paisaxes transformadas pola man do home durante 150 anos de actividade mineira, acompañando o trazado do río Tinto e o seu ecosistema único. Xantar en restaurante. Pola tarde, saída cara a Aracena, onde visitaremos a gruta de las Maravillas na que poderemos admirar fermosísimos lagos subterráneos e espectaculares estalactitas e estalagmitas. A continuación, visitaremos o Museo del Jamón, fantástico museo dedicado ao produto máis célebre da serra de Huelva: o xamón ibérico. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

21 OCTUBRE- - Ruta Colombina: mosteiro de La Rábida / Palos de la Frontera marismas de Odiel / Moguer
Almorzo. Pola mañá, saída cara a La Rábida para visitar o seu célebre mosteiro, convento franciscano edificado no século XV. Na súa igrexa encóntrase a capela na que Cristóbal Colón e a súa tripulación asistiron á última misa antes de embarcar para a viaxe do descubrimento de América. A continuación, visitaremos Palos de La Frontera, a cidade que prestou os seus homes, o seu diñeiro e os seus barcos á aventura americana. Destaca a igrexa de San Jorge Mártir, a Fontanilla, a Casa da Misericordia e a Casa dos Pinzón, de estilo renacentista. Regreso ao hotel para o xantar. Tarde libre, cea e aloxamento. Pola tarde, faremos un percorrido panorámico polo Parque Natural das Marismas de Odiel, un espazo natural declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, que é tamén zona de especial protección para as aves, o que dá lugar a una extensa variedade de paisaxes. A continuación, dirixirémonos cara a Moguer, unha poboación cargada de historia con numerosos monumentos como o convento de San Francisco, a parroquia de Nuestra Señora de la Granada e a ermida da Virgen de Montemayor. Aquí naceu o Premio Nobel de Literatura, Juan Ramón Jiménez. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.


22 OCTUBRE - Precoto de Doñana / El Rocío
Almorzo. Visita ao Precoto do Parque Nacional de Doñana, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera. O parque conta cunha gran variedade de ecosistemas como os coutos, a marisma, as dunas móbiles etc. Achegarémonos ata o centro de visitantes de “La Rocina” onde poderemos ver unha exposición sobre o Parque Nacional. A continuación, visita á aldea de El Rocío, na que se celebra a popular romaría. Regreso ao hotel para o xantar. Tarde libre, cea e aloxamento.


23 OCTUBRE- Costa de Huelva - Coímbra -Galicia
Almorzo. Saída cara a Coímbra e xantar. A continuación, visitaremos con guía local Coímbra, antiga cidade universitaria, famosa polas súas rúas sinuosas e casas colgantes. Visitaremos os exteriores da catedral Sé Velha- do século XII-, a igrexa e o mosteiro da Cruz Santa, e a universidade coa súa biblioteca, unha das máis antigas de Europa. Regreso ao lugar de orixe, chegada e fin dos nosos servizos.

 

 

HOTEIS

Évora: Hotel Vila Gale Évora 4* o similar

Huelva: Hotel Ilunion Islantilla 4* o similar

¿Qué incluye?

O PREZO É POR PERSONA EN HAB DOBLE E INCLÚE:

Autocar gran turismo para todo o percorrido

1 noite en hotel de 4* en Évora + 5 noites en Hotel**** en costa de Huelva

Pensión completa toda a viaxe, desde o xantar do primeiro día ao xantar do último día, que se efectuarán da seguinte maneira: Xantar en restaurante en Évora, Faro, Aracena e Coímbra Bebidas (auga e viño ou cervexa ou refresco) en xantar e cea. Cafés ou infusións no xantar.

Guía acompañante durante todo o percorrido.

Guía local en Évora, Huelva e Coímbra Entrada á catedral de Évora Transbordador a Vila Real Santo Antonio

Entrada ao Museo Minero, ao ferrocarril mineiro, ás grutas de las Maravillas, ao Museo del Jamón e ao mosteiro de La Rábida Audio individual Seguro de asistencia e cancelación da viaxe

 

 

O PREZO NON INCLÚE

Extras no hotel, entradas non especificadas no apartado anterior

7 días
753
Solicitar reserva o más información Descargar PDF

Plazas limitadas, consulten condiciones de contratación.

Solicita tu reserva

Viajes Embajador © Todos los derechos reservados.

Las cookies son importantes para ti, influyen en tu experiencia de navegación. Usamos cookies técnicas y analíticas. Puedes consultar nuestra Política de cookies. Al hacer click en "Aceptar", consientes que todas las cookies se guarden en tu dispositivo o puedes configurarlas o rechazar su uso pulsando en "Configurar".

Aceptar Configurar
¡Gracias por enviarnos tu solicitud!
Uno de nuestros asesores contactará contigo muy pronto!
¡Gracias por suscribirte!
a nuestro boletín

Suscríbete

Recibe nuestro boletín con ofertas, recomendaciones y promociones en tu correo electrónico